Ferrol protagoniza a edición de verán da revista nacional “Viajar con hijos”
A revista especializada en turismo familia “Viajar con Hijos”, de tirada nacional, dedica a portada da edición de verano a Ferrol, a cuxa oferta turística e de ocio para os meses de xullo e agosto dedica catro páxinas interiores con texto e fotografías baixo o título: “Ferrol. Toda una aventura para vivir en familia”. As rutas e visitas guiadas, con especial atención á Ruta do Naval; os paseos en lancha pola ría ou o entorno natural, son algún dos aspectos que a devandita publicación destaca da cidade.
A través desta reportaxe, “Viajar con hijos” amosa o potencial de Ferrol como urbe para o turismo familiar cunha variada oferta turística que inclúe historia, cultura e natureza. Así, a revista recolle información sobre elementos de interese histórico como o Arsenal e o Castelo de San Felipe. Ademais da Ruta da Construción Naval, tamén informa sobre a Ruta das Meninas de Canido, así como de opcións de turismo activo como a Ruta Ártabra. Por último, recomenda a visita ao museo de Exponav e propón tamén achegarse ao parque Raíña Sofía.











