Ferrol conmemora o centenario do nacemento de Xosé Rubia Barcia coa posta do seu legado bibliográfico a disposición da cidadanía
O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, participou esta mañá nos actos de conmemoración do centenario do nacemento de Xosé Rubia Barcia. Este homenaxe deu comezo na Biblioteca Municipal Central de Praza de España co descubrimento da placa que identifica o legado bibliográfico do escritor. O edil ferrolán estivo acompañado por representantes do Liceo Rubia Barcia, entidade que realizou a doazón de diferentes libros do escritor ao Concello de Ferrol para a súa posta a disposición na Biblioteca Municipal.
García Hurtado destacou a importancia da doazón por parte do Liceo Rubia Barcia “para a difusión da obra do escritor a toda a cidadanía”. Así mesmo, manifestou que “é obriga da administración garantir o bo estado destes bens”. Ademais, realizouse unha ofrenda floral no monumento a Xosé Rubia Barcia, situado nos xardíns do Campus Universitario de Esteiro, que contou coa actuación da Banda de Música.











