Ferrol asina un convenio con Teima-Síndrome de Down un programa de inclusión social na vida adulta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de colaboración coa asociación Teima-Síndrome de Down, entidade que centran a súa intervención no ámbito social e sanitario. O primeiro edil da cidade estivo acompañado pola presidenta de Teima, Patricia Serantes Castro; e pola concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro.

Este acordo de cooperación permitirá o desenvolvemento do proxecto “Inclusión social na vida adulta”. Jose Manuel Rey sinalou que o convenio “permite mellorar as competencias básicas en material de autonomía e autoxestión para persoas con diversidade”. Así mesmo, o rexedor municipal destacou os cursos de competencias claves que se desenvolven dentro do programa e que están dirixidos a todas as persoas con diversidade sexan ou non membros de Teima. “Estes cursos permiten apoiar a formación cara unha inserción laboral e unha maior autonomía das persoas con diversidade”, recalcou o alcalde. Ademais, o primeiro edil da cidade manifestou a súa satisfacción pola sinatura deste convenio con Teima “una asociación exemplar no fomento da autonomía e a igualdade de oportunidades”, ao tempo que desexou que “este acordo permita seguir desenvolvemento esta magnífica labor” engadiu Jose Manuel Rey

Alto porcentaxe de aprobados nos cursos de competencias clave

Pola súa banda, a presidente de Teima- Síndrome de Down agradeceu a colaboración do Concello de Ferrol e salientou os grandes resultados acadados nos cursos de competencias clave. “O 80% aprobaron todo en nivel II, o que sería Educación Secundaria Obrigatoria, mentres que o porcentaxe de aptos nalgunha materia de nivel III, que equivale a Bacharelato, é do 75%” dixo. A achega municipal para poñer en funcionamento o proxecto de inclusión social na vida adulta é de 35.000 euros.

 

4 de xullo de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.