publicidade hoxe

Feira solidaria en Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

Os vindeiros 15, 16 e 17 agosto terá lugar no pavillón deportivo de Camariñas a Feira Solidaria, tal e como se ven celebrando nos últimos anos. O custe por cada stand é de 60€ polos tres días e é gratis para os socios da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. O 10% de todas as ventas realizadas destinaráse como donativo a unha entidade benéfica.

Os comercios que estén interesados en participar deben inscribirse enviando un correo electrónico a: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com  ou chamando ós teléfonos 647.398.023 / 647.608.158.

Por esixencias de Comercio, é preciso coñecer ós participantes antes do luns 28 de xullo ás 14:00h.

24 de xullo de 2014 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.