Fecimo inaugura o certame de novos deseñadores Amodiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

FECIMO convoca este ano o I Certame de Novos Deseñadores, con motivo da terceira edición da pasarela AMODIÑA do Morrazo. A organización decidiu levar adiante este concurso para premiar aos/ás mellores deseñadores/as de moda de Galicia, fomentando aos novos valores e dándoos a coñecer entre os establecementos comerciais.

PARTICIPANTES

Para participar será un requisito ter entre 18 e 35 anos. Poderase presentar unha persoa de xeito individual ou en grupo de ata tres compoñentes. Quedan excluídas aquelas persoas que sexan titulares ou asociadas dun establecemento. Os participantes deberán presentar unha colección cun máximo de 8 deseños para home ou muller, orixinais e non premiados noutro certame, nin ter sido comercializados en tenda física ou on-line.

Recoméndase ler detidamente as bases do certame que están publicadas en www.fecimo.es para unha correcta presentación dos traballos, coas especificacións técnicas e os datos persoais que se requiren.

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o día 8 de agosto.

PREMIO

Os deseños presentados serán valorados por un xurado profesional relacionado co ámbito da moda, o deseño e a cultura. A este xurado lle corresponderá elixir ao gañador/a que recibirá un diploma acreditativo e terá a gran oportunidade de contar cun pase propio na Pasarela Amodiña 2014 para amosar os deseños da súa propia colección. Será o 20 de Setembro de 2014 no Paseo Marítimo de Moaña Este certame englóbase dentro das actividades paralelas que realizará a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo dentro da programación da pasarela AMODIÑA 2014, na que se segue a traballar e que contará con outras novidades que se publicarán en vindeiras datas.

24 de xullo de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.