Fecimo e Abanca colaboran para o beneficio das empresas asociadas do Morrazo

Sinatura do convenio
Mediante este convenio, todas as empresas e autónomos asociados á Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo poderán beneficiarse dos acordos financeiros e de servizos asinados co novo Banco. O acto de sinatura do convenio tivo lugar o mércores 9 de xullo nas oficinas da federación, coa presenza de Xosé Bangueses, presidente de FECIMO, acompañado dos presidentes das asociacións locais e outros directivos, e Jorge Martínez Martínez, Director Territorial Vigo de ABANCA, acompañado doutros representantes da entidade. En virtude deste acordo, a nova entidade pon de manifesto a súa decisión de manter o seu apoio a pequena e mediana empresa da comarca, continuando co compromiso que, as predecesoras NCG Banco e Caixanova mantiveron durante anos.
ABANCA pon a disposición dos asociados un conxunto de produtos e servizos en condicións preferentes de prezo e financiamento, adaptados á súa economía persoal e profesional, co obxectivo claro de ser participe no desenvolvemento do tecido comercial e empresarial e mellorando a súa competitividade. Trátase dunha oferta que, sen dúbida, sitúase nunha posición destacada dentro do mercado da nosa comarca. Pola súa parte, FECIMO aumenta a súa oferta de servizos para que os socios poidan acceder a unha ampla variedade de produtos moi competitivos.
Recibirán, ademais, un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas_lineas ICO, financiamento a clientes, a través de mecanismos que posibilitan o aprazamento das compras sen intereses, financiamento de circulante así como a medio e longo prazo, etc. Ambas entidades estableceron tamén neste acordo, un marco xeral de colaboración onde ABANCA comprométese a impulsar aquelas iniciativas desenvoltas pola federación que teñan como fin a dinamización económica da comarca do Morrazo a través de actividades de promoción comercial e formación empresarial.
ABANCA renova unha alianza estratéxica en beneficio das empresas asociadas e colaborando no desenvolvemento do tecido empresarial da nosa zona a través do apoio financeiro a proxectos locais.











