Esperta encapotada a terceira xornada do Campionato de España de Surf

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

Despois dun parón na segunda xornada desta competición debido á ausencia de ondas na praia de Doniños, hoxe retomouse o campionato cos cadros de mangas previstos para o día de onte. Comezando con SURF SUB18 FEM E MASC trials e cuartos.

No día de hoxe está previsto levar a cabo as finais e entrega de premios aos campións do Título Nacional nas seguintes categorías:

SURF SUB14 FEMININO

SURF SUB14 MASCULINO

SUP FEMININO

SUP OPEN

SURF SUB 16

SURF SUB18 FEMININO

SURF SUB18 MASCULINO

Os horarios de competición exactos dependerán das condicións de mar e iranse actualizando segundo se teñan as previsións. Non se descarta a realización dun dobre pódium na xornada de hoxe.

4 de xullo de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.