España domina no Campionato do Mundo Xuvenil ISAF 2014 de Tavira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

España lidera o ranking de nacións que toman parte no Campionato do Mundo Xuvenil ISAF, que estes días se celebra en Tavira – Portugal.

Até 8 modalidades diferentes navegan estes días nas augas lusas, tendo en cada unha delas, representantes españois. Así, en 420 Masculino atópanse Andrés Álvarez e Sergio Rodríguez, na décimo novena praza da xeral. Na categoría Feminina da clase, España ocupa a Prata provisional do podio, grazas ao traballo de Silvia Mas e Marta Davila.

No 29er, Nil Mas e Jordi Chea, na sétima praza da táboa. No SL16, o bicasco da flota, podio no segundo banzo para os irmáns Booth, Jordi e Rubén. No Láser Radial Masculino, o vixente campión de Europa Absoluto, Joel Rodríguez, que é quinto. En Láser Radial Feminino, a representante española é Martina Reino, na Prata provisional. En canto ás táboas a vela, no RS:X Masculino, Antonio Bonet é quinto, con Pilar Lamadrid cuarta en RS:X Feminino.

Tras o cómputo global dos resultados obtidos até o momento, España lidera o ranking de nacións con 123 puntos. Séguelle Francia con 110, pechando o podio intercontinental Estados Unidos, con 96.

Á fronte da expedición española atópase Ricardo Carracedo.

17 de xullo de 2014 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.