publicidade hoxe

Edelmiro Neira, Ana Isabel Arbiol e Víctor Manuel Villar proclámanse novos campións galegos de Caza San Huberto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMazaricos
A-
A+
Gañadores do Campionato de Caza San Humberto

Gañadores do Campionato de Caza San Humberto

A localidade coruñesa de Mazaricos converteuse o pasado sábado 19 de xuño no punto neurálxico dos mellores cazadores galegos da modalidade cinexética de Caza San Huberto. Chegaba a decimoséptima edición do Campionato Galego de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza O Falcón.

Apesar de que a intensa choiva da mañá puxo en serio perigo a suspensión deste autonómico, os diferentes cazadores clasificados nas súas respectivas fases provinciais puideron disputar o Campionato Galego de Caza San Huberto.

Foi o cazador Edelmiro Leira Pérez o que lograba o título de Campión Galego na categoría masculina grazas ao traballo conxunto co seu can setter inglés de nome “Verdi de Cumbraos” obtendo un total de 69 puntos. O subcampeonato recaía nas mans de Carlos Lalín Ferreiroa co pointer Chico de Torres da Varelae unha puntuación total de 62 puntos. Con 57 puntos a medalla de bronce era para Roberto Dopico Dopico co pointer “Easy de Capagut”.

En damas Ana Isabel Arbiol Ledesma co setter inglés “Breco de Raíña Dama” facíase co campionato galego. Nicolasa González Carrodeguas co pointer “Río dos Aluches” e Sandra Rodríguez Rego co setter inglés “Don das Fontiñas” obtendo o segundo e terceiro posto respectivamente.

Na modalidade de springers o Campión Galego era Víctor Manuel Villar Fernández con “Andromeda Estrela de Tebra”. Saturnino Pereira Vidal era o segundo clasificado con “Heka Estrella de Tebra” mentres que Eloy Rodríguez Martínez tíñase que conformar co terceiro posto con “Uncle Sam de los Tres Robles”.

23 de xullo de 2014 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.