Echegoyen e Betanzos protagonizan o mellor arranque español no europeo de 49er e FX
A galega Támara Echegoyen e a cántabra Berta Betanzos (Movistar) RCN Sanxenxo/RCM Santander, protagonizaron o mellor arranque dos diferentes combinados españois das clases olímpicas do 49er e FX desprazados até Helsinqui – Finlandia, onde hoxe comezou o europeo de ambas as modalidades. A compoñente meteorolóxica estaba establecida á hora programada polo Comité para e inicio da cita, cun Nordés que estivo entre os 7 e os 10 nós de intensidade.
Echegoyen e Betanzos ocupan o posto undécimo en FX, despois do catro mangas disputadas neste primeiro día onde os seus parciais foron de 9-9-5-6, podendo descartar xa o primeiro deles, ao validar o catro primeiras probas do campionato. A catalás Aura Miquel, do CN Arenys de Mar, e Silvia Roca, do Club Náutic L´Escala, (Sandiline-Dr. Sails-Harken), están no 22 da clasificación do europeo, e a canarias María Canteiro e Hannah Barrios, do RCN Gran Canaria, no 27. Mandan na táboa as británicas Kate Macgregor e Katrina Best.
Na categoría masculina do 49er, os irmáns Paz, Carlos e Antón (Deporte Galego-Dip. Pontevedra-Zhik-Cousin) do Liceo Casino de Vilagarcía, foron décimo terceiros, cuns parciais de 5-15-6. Os 49er realizaron tres mangas, onde os galegos situáronse preto do Top Ten, moi apertados en puntos. Os asturianos Federico e Arturo Alonso (O Gaiteiro) do Real Club Astur de Regatas, están no 17, cos cántabros Diego Botín e Pablo Turrado, RCM Santander, no 37. Lideran os italianos Giuseppe Angilella e Pietro Zuchetti.











