Dobrete da Ximnástica de Pontevedra no Maratón de Santiaguiño do Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Os atletas da Sociedade Ximnástica, fixéronse notar no Maratón de Santiaguiño do Burgo, entrando en meta o primeiro, Iván Docampo e o segundo, Rafael Fontes.

A competición, organizada pola Asociación Xuvenil de Santiaguiño do Burgo e o Concello de Pontevedra, a través do IMD, resultou todo un éxito de participación con máis dun centenar de atletas xóvenes, que correron nas carreiras previas para categorías menores e posteriormente con 450 corredores, que competiron na volta de 6 km. ás Marismas da Alba, con saída e chegado sobre o río Lérez, na Ponte do Burgo.

Con esta vitoria Iván Docampo afianza o seu dominio no Circuíto de Carreiras do Concello de Pontevedra, ao que quedan dúas probas, a carreira de Campañó e o Media Maratón de Pontevedra, que puntúa dobre.

Víctor Gallego afronta o Campionato de España nun estado de forma envexable

A localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira acolleu a última competición antes do nacional absoluto, para os atletas da Sociedade Ximnástica, cun Víctor Gallego que demostrou que os 56 metros que lanzou o sábado pasado en Vigo non foron flor dun día.

O pupilo de Santi Ferrer empuxou o disco até os 55,92, a súa segunda mellor marca de sempre e chegará a Alcobendas a plenitude de rendemento.

En Vila Nova fixeron as súas últimas competicións da tempada, Ángeles Filgueira e Claudia Puig; Ángeles impúxose no lanzamento de xavelina con 35,15 e Claudia foi segunda na xavelina cadete con 28,21.

 

25 de xullo de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.