Deteñen en Vigo a un condutor que causou unha colisión por alcance e deu positivo na proba de alcoholemia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, J.M.G.R., de 48 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico, ao circular baixo os efectos do alcohol.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar ás 23.35 horas do sábado, no cruzamento das rúas Martínez Garrido e Doutor Carracido, a onde acudiu unha patrulla do 092 tras ter coñecemento de que se producira unha colisión múltiple.

Segundo as testemuñas, un Citroën ZX arremeteu por detrás a un Mercedes e este, á súa vez, a unha motocicleta, cando estaban parados nun semáforo. O primeiro coche ía conducido por un varón que presentaba claros síntomas de estar baixo os efectos do alcohol.

Ao realizarlle a proba de alcoholemia, o condutor deu un resultado de 1,06 mg/l, pero negouse a someterse a unha segunda proba. O home foi detido, mentres que os ocupantes do Mercedes e da motocicleta resultaron feridos leves.

7 de xullo de 2014 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.