publicidade hoxe

Deteñen a un veciño de Ponteareas por cometer un furto nunha vivenda do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasSucesos
A-
A+
Parte do material recuperado

Parte do material recuperado

A Garda Civil detivo a A.J.M., de 40 anos de idade e veciño de Ponteareas, como suposto autor dun delito de furto de varios efectos nunha vivenda do citado municipio.

Tras a denuncia presentada no Posto Principal da Garda Civil de Ponteareas polo furto de diversos aparellos electrónicos nunha vivenda do municipio, como unha televisión plasma de 32”, un amplificador de son, dous altofalantes, así como outros de pequeno valor, membros do referido Posto iniciaron as oportunas investigacións para o esclarecemento deste feito delituoso.

A mediados da pasada semana estas investigacións permitiron a identificación e detención do suposto autor e a recuperación dos obxectos subtraídos que foron voluntariamente entregados por A.J.M.

Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, o detido, que conta con amplos antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número TRES de Ponteareas, cando para iso sexa requirido.

28 de xullo de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.