Desguaces Santorun, Argalleiro e Argos ratifican o seu liderado no Trofeo Casino La Toja de Cruceiros ORC

Entrega de trofeo a Desguaces Santorum
Con sol pero pouco vento, finalizou a XII Regata Club Náutico Portonovo – X Trofeo Casino La Toja de Cruceiros que contou coa organización técnica da firma Desmarque. Como o día anterior, percorrido máis longo para as clases máis rápidas, concretamente de 14,1 millas pola ruta dos Faros, mentres que os máis lentos fixeron un percorrido pola zona máis interior de case 11 millas.
Saída puntual ás 13:05 horas novamente fronte ao espigón de Portonovo cun vento do Oeste con 8 nós de intensidade. Moi igualada e axustada, xa que mesmo o “Oral Group” saíase fóra de liña e tiña que retornar perdendo moitas opcións. O vento mantívose da mesma dirección durante toda a proba, non así a intensidade que caeu a media tarde de forma notoria retardando moito os ultimos compases da regata.
Na División Cruceiro, novamente o “Argos” non tivo practicamente rival. Sen dúbida é un barco para navegar en categorías máis rápidas.
En División Cruceiro Regata o “Argalleiro” demostrou que o seu primeiro posto do día anterior non fora por casualidade e fíxose cunha vitoria final moi merecida.
E na División Regata os “Desguaces Santorun” facía unha regata tan seria como a do día anterior para adxudicarse o trofeo merecidamente.
Onde houbo cambio de lider final foi na nova división de Veteranos, onde o “Calamote” desbancaba finalmente ao “Cassandra”.
As clasificacións xerais finais foron:
Clasificación ORC Regata.
1. Desguaces Santorun (First 45s5 – Javier Durán / C.M. Vilagarcía) , 2 puntos
2. Oral Group (Salona 37 – Pedro Pazos / R.C.N. Portosín) 4 puntos
3. Epocketguide (Beneteau 25 – Jaime Barreiro / R.C.N. Sanxenxo) 6 puntos
Clasificación ORC Cruceiro/Regata.
1. Argalleiro (Ro330 – Fernando Otero / C.N. Combarro), 2 puntos
2. Tayta (Puma 38 – Francisco Martínez / c.n. Portonovo), 5 puntos
3. Quen Vai (Ro 330 – Laureano Santiago / R.C.N. Sanxenxo) 8 puntos
Clasificación ORC Cruceiro.
1. Argos (Falcon 9 – Santiago Veciño / C.N. Cabo de Cruz) 2 puntos
2. Maral III (Bavaria 36 – Roberto da Ponte – C.N. Portonovo) 6 puntos
3. Montalvo (Oceanis 393 – Jaime Barreiro / C.N. Portonovo) 6 puntos
Clasificación Veteranos.
1. Calamote (Furia 25 – Jorge Alvarez – C.N. Portonovo), 3 puntos
2. Cassandra (Hylliard 37 – Fernando Pazó / CN Portonovo), 5 puntos
3. La Peregrina I (Puma 23 – Carlos Núñez – Royal N.Z), 8 puntos
A entrega de premios tivo lugar ao finalizar a regata nas instalacións do club Náutico Portonovo.











