publicidade hoxe

Cursos subvencionados en Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+

O Concello de Vila de Cruces informa do próximo comezo de dous cursos subvencionados:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Estes cursos están incluídos dentro do plan de formación para o emprego con certificado de profesionalidade (Obrigatorios para traballar en domicilios e residencias a partir de 2015).

O inicio do curso é a mediados do mes de xullo.

Están dirixidos preferentemente a persoas desempregadas con estudos de ESO, 2º BUP, FPI, Competencias crave nivel 2…

Realizaranse prácticas en centros de traballo.

Existe a posibilidade de recibir axudas por asistir dependendo de cada caso.

As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do Concello de Vila de Cruces ou no teléfono 986582017.

2 de xullo de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.