Curso práctico en Lousame sobre técnicas para envasar e conservar alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame convoca un curso práctico sobre conservas de alimentos, que terá lugar no local social de Cabanetán (Lesende) os días 14, 15 e 16 de xullo, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Durante esas doce horas, Carmen Freire Cruces, labrega e enxeñeira agrícola, ensinaralles as técnicas para envasar e conservar de xeito correcto froitas, hortalizas e peixe. Os veciños e veciñas interesados en participar, poden conseguir máis información chamando ao 981 820 494. O prazo de inscrición estará aberto ata este venres 11 de xullo.

9 de xullo de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.