Curso de retoque fotográfico por ordenador en Gondomar
A Concellaría de Xuventude de Gondomar informa de que se vai a poñer en marcha un curso de Retoque fotográfico por ordenador, enmarcado dentro do programa ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra. A actividade, de 40 horas de formación, está dirixido prioritariamente aos/ás mozos/as de 16 a 35 anos empadroados no Concello de Gondomar.
O prazo de inscrición para participar neste curso permanecerá aberto ata o 29 de agosto na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Gondomar. Para máis información chamar ao 986.369.746.
O programa ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra ten por obxectivo levar a cabo actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre que sexan de interese xuvenil e respondan ás demandas da xente nova da provincia, potenciando movementos de participación e cooperación social, así como, mellorando a formación básica da mocidade.











