Curso de montaxe de estadas organizado polos empresarios de Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Asociación de Empresarios Ferrolterra en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña e a Confederación de Empresarios de Galicia, organiza un curso de Montaxe de Estadas “Traballo de montaxe e desmonte de estruturas tubulares”, subvencionado pola Xunta de Galicia.

O curso de 20 horas de duración, comezará o 21 de xullo e finalizará o 29 de xullo, en horario de 18:00 a 21:30 horas.

A este curso de carácter gratuíto, poderán asistir traballadores asalariados, autónomos e desempregados previa inscrición na AEF.

Inscrición: Entregar na AEF o orixinal do impreso de participación, fotocopia do DNI e fotocopia de: cabeceira da última nómina/recibo autónomo/ cartón de demandante de emprego. Data límite de entrega na AEF martes, 15 de xullo de 2014.

O programa (segundo o artigo 164 do Acordo Xeral sobre o sector da construción 2012- 2016) será o seguinte: Definición dos traballos; Técnicas preventivas específicas; Medios auxiliares, equipos e ferramentas; Verificación, identificación e vixilancia do lugar de traballo e a súa contorna; Interferencia entre actividades; Primeiros auxilios e medidas de emerxencia; Dereitos e obrigacións.

11 de xullo de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.