Curso de manipulador de alimentos en Cerdedo
O Concello de Cerdedo en colaboración cos concellos que forman o Consorcio Local Conca do Lérez, organizan un curso de manipulador de alimentos homologado para formar e axudar a inserirse no mundo laboral aos veciños. Este curso de 3 horas de duración é imprescindible para poder traballar no sector da hostalaría e debido á demanda, estes 3 concellos novamente dan un paso de cooperación e colaboración e organizarán esta primeira edición.
O curso celebrarase nas instalacións do edificio multiusos de Carballedo, o día 8 de agosto en horario de 10 a 13 horas e será impartido por unha empresa especializada.











