Crespo reúnese cos operarios da nova brigada de mantemento viario que reforza á brigada municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Crespo na reunión coa nova brigada

Crespo na reunión coa nova brigada

Os traballadores, 2 condutores e 5 operarios, comezaron xa na tarde de onte a desenvolver labores de mantemento viario en Filgueiroa

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, acompañado dos concelleiros de Infraestruturas Rurais e de Obras e Servizos Municipais, Antonio Rodríguez Rodríguez e Camilo González Bodaño, mantivo un encontro, a modo de benvida, cos operarios que integran a nova brigada de obras do Concello de Lalín, que vén a reforzar a brigada municipal no mantemento da ampla rede viaria que se sitúa ao redor de 1.200 quilómetros de pistas.

Esta nova brigada municipal que desenvolverá o seu traballo polas tardes e que comezou xa a funcionar na tarde de onte está integrada por 2 condutores e 5 operarios e que traballarán coas máquinas de xeito continuada. Deste xeito o Concello de Lalín está con estas brigadas mantendo o servizo continuado de 8 horas da mañá ás 20.00 horas da tarde. Un dos condutores desta nova brigada, ademais de realizar labores de asfaltado tamén realiza labores de desbroces.

3 de xullo de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.