Crearanse bolsas de aparcamento alternativo en Cambados
No dia de hoxe mantívose unha segunda reunión de traballo entre a Asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados, coa finalidade de establecer as bases de colaboración entre de cara a celebración dos diferentes actos que se celebrarán ó longo do verán, e que van dende a Gala de Elección das Raíñas do Albariño, o concurso de Camisetas do Albariño ou a celebración da Feira de Oportunidades de Cambados.
Como non podía ser doutro xeito, a asociación volver poñer sobre a mesa a problemática dos aparcamentos, que no verán, coa afluencia de visitantes se vai a agravar. Pola parte do concello, se comunicou o seu compromiso a habilitar, nas rúas Borrón e Lugo, algunha prazas de aparcamento. Igualmente se obtivo o compromiso de estudar a posibilidade de crear unha serie de bolsas de aparcamento en certas rúas do Concello como son na Avda. do Salnés, na zona da Merced ou na rúa Castelao, así como na Illa das Goritas, que se está á espera do pronunciamento ó respecto do seu titular que non é outro que Portos de Galicia.











