Convócase o II Concurso de Grupos Emerxentes do Festival Revenidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O compromiso do Festival Revenidas coas novas formacións musicais de Galicia vese outro ano máis refrendado coa convocatoria do II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas, que ten por obxectivo achegar oportunidades a novos grupos musicais galegos.

O Festival Revenidas de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) celebrará a súa 11ª Edición os días 22, 23 e 24 agosto. Este ano conmemora o XX aniversario do movemento bravú cunha programación especial. Os bonos das entradas a un prezo máis económico estarán a venda durante poucos días a partir do 21 de xullo.

As Bases do II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas:

• Os participantes non poden ter editado ningún disco.

• Ter un repertorio propio de 6 cancións de música en galego

• Os grupos interesados terán que enviar ao correo electrócnico a revenidascomunicacion@gmail.com un link dun vídeo, unha fotografía do grupo, unha pequena biografía e, se teñen, os links das redes sociais

• A presentación de candidaturas rematará o 7 de agosto ás 23:59.

• Despois de que a organización reciba todo o material todos os participantes serán presentados no Facebook de Revenidas (https://www.facebook.com/Revenidas) para que os seguidores/as do festival, voten e escollan o que ao seu favorito.

• A votación rematará o 14 de agosto ás 23:59.

• Os tres grupos con máis votos pasarán a final, na que un xurado composto por un membro da organización do Festival, un xornalista e dous membros dun grupo de música da actual edición Revenidas elexirán o gañador.

• O anuncio do gañador será o domingo 17 de agosto.

• O grupo afortunado poderá tocar no festival co resto das bandas e daráselle un premio de 300 euros, ademais de entrar na promoción en medios do festival, igual co resto das bandas.

21 de xullo de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.