Continúa a súa expansión a campaña de Solidariedade con Escocia

A Campaña internacional “Solidarity with Scotland” (Solidariedade con Escocia)  leva camiñando xa tres meses, e naceu dunha iniciativa de particulares galegos e escoceses e está coordinada por Paul Kavanagh en Glasgow e Pilar Fernández en Santiago de Compostela.

Solidarity with Scotland é unha campaña internacional que quere dar resposta a un comportamento  antidemocrático, anti- ético e irregular por parte das Institucións británicas no exterior, dende as que se está a fomentar  e a animar a creación dunha atmosfera negativa ante a posibilidade de que o pobo escocés decida, en referendo legal e acordado, ser independente.

O Goberno de Reino Unido evita a toda costa en participar nun debate aberto en territorio escocés coa desculpa de non interferir, pero permite, fomenta e alenta as interferencias exteriores , utilizando institucións que deberan permanecer neutrais neste proceso democrático, legal e pacífico, como é a Devolution Unit.

Solidarity with Scotland quere facer chegar unha mensaxe de apoio e ánimo a tod@s aqueles escoceses que van a votar que si, e aqueles/as indecis@s, desmontando deste xeito o discurso unionista de que Escocia quedará illada en caso dun voto favorable a independencia. Escocia ocupa e ocupará sempre un lugar relevante no mundo.

Dende Solidarity with Scotland queremos chamar ao total respecto do resultado deste referendo , e a que Gobernos de todos os países normalicen canto antes as relacións con  Escocia, caso de converterse nun novo estado independente froito dunha decisión popular, legal e democrática.

A participación en esta campaña está aberta  a todos aqueles escoceses que vivan no estranxeiro e tamén aos @s amig@s de Escocia, a organizacións, empresarios ou grupos que queiran apoiala.

Hai xa moita xente participando desta campaña e estamos  recibindo mensaxes de moitos lugares do mundo (USA, Grecia, Irlanda, Gales, Inglaterra, Malasia, Dinamarca, Suecia, Canada, Bruselas, Galiza, País Vasco, Catalunya,….) tanto de escoceses/as vivindo no exterior (que xogan un papel importantísimo nesta campaña), como  de distintas organizacións políticas a nivel europeo, sindicais, plataformas cidadáns, persoas a título individual, etc…

4 de xullo de 2014 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.