publicidade hoxe

“Conciliamos xogando” arrancará en Neda con todas as prazas cubertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A próxima semana arrancará nas instalacións do colexio público San Isidro o programa municipal “Conciliamos xogando”. E faráo coa participación de 56 nenos e nenas da real vila. O Concello decidía aumentar as prazas das 50 inicialmente ofertadas ata as 56 para evitar que ningún neno ou nena se quedase en lista de espera neste servizo de atención á infancia pensado para favorecer que os pais e nais de Neda compatibilicen a súa vida persoal e familiar coa laboral durante as vacacións escolares. Así, as actividades de “Conciliamos xogando” principiará o luns, día 14, e prolongaránse ata o 31 de xullo, de luns a venres entre as 8,45 e as 13,45 horas. Trátase dun programa con custe cero para as familias para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Organizado pola Concellería de Igualdade, está cofinanciado polo Concello e a Deputación Provincial da Coruña. Entre as actividades, os seis monitores do programa guiarán xogos ao aire libre, obradoiros de reciclaxe, xogos cooperativos ou talleres de educación en igualdade.

11 de xullo de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.