publicidade hoxe

Concello de Neda e Gas Natural invitan á veciñanza a unha sesión de cine ao aire libre con palomitas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Veciños e veciñas teñen este domingo unha cita no paseo marítimo de Neda co mellor cine de animación. E é que o Concello e Gas Natural organizan unha sesión ao aire libre na que se proxectará o filme “Los Croods”, no entorno do Albergue de Peregrinos e con hora de inicio ás 22,30. Así mesmo, disporánse cadeiras para maior comodidade dos asistentes, que tamén recibirán como obsequio a súa ración de palomitas.

A iniciativa forma parte do ciclo Cine al Natural que promove Gas Natural en colaboración cos concellos galegos e tamén do territorio nacional. Nesta ocasión, habilitaráse unha pantalla xigante de 14×9 e a firma colocará un pequeño stand como punto de información, onde se entregarán tamén outros agasallos da marca.

O público poderá disfrutar do pase do filme de animación “Los Croods”, nominada como mellor película na súa categoría aos Oscar no 2013. Remóntase á Prehistoria. Así, tras a destrución do seu fogar por un grande terremoto, Grug vese obrigado a emigrar coa súa familia. Namentras avanzan por un mundo descoñecido e aterrador, atópanse cun nómada de mente aberta que os deixa a todos fascinados, sobre todo á filla de Grug.

24 de xullo de 2014 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.