Concello de Cangas e Xunta asinan un convenio para o vehículo motobomba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Xunta de Goberno Local deu conta do convenio de colaboración asinado polo alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, e a Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia para a participación ao Concello dun vehículo motobomba que permita desenvolver a política de prevención contra incendios forestais.

Os incendios forestais son unha ameaza que afecta tanto a patrimonio forestal público como privado. É deber das administracións públicas galegas de colaborar entre sí e cooperar nas tarefas de prevención e loita contra os incendios, pois constitúen unha grave ameaza para calquera política seria de desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social.

A finalidade común é a de actuar nas tarefas de vixilancia, prevención e defensa contra incendios forestais para evitar os mesmos ou, cando menos, minorar as súas consecuencias e o seu impacto negativo.

A Xunta aportará para este convenio 4.785 €/mes para a operatividade do vehículo motobomba para a realización de labores no termo municipal de prevención e defensa contra incendios, de xeito que tanto pode participar en labores encamiñadas á prevención, construción e mellora de infraestruturas de defensa contra incendios forestais, que minoren o risco de propagación e reduzan os danos dos incendios.

O Concello comprométese a cambio en manter operativo e a disposición da Consellería o citado vehículo como mínimo de 16 horas diarias (incluíndo noites e festivos). O persoal encargado da condución do vehículo o porá o Concello que estará dispoñible co material de protección obrigado.

5 de xullo de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.