Comezan os paseos en barca polo río Cabe
A concelleira de cultura, Pilar López, informa que a partir das 11:00 horas deste sábado día 5 de xullo, e ata o15 de setembro, ofertaranse os paseos en barca polo río Cabe.
As barcas serán un atractivo máis da cidade do que poderán gozar veciños e visitantes durante os meses de verán.
O club monfortino de piragüismo “Quixós” encargarase de xestionar esta actividade organizada polo Concello e que conta co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo.
Os paseos poderán realizarse de luns a venres en horario de 18:00 a 22:00 horas, e as fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas, ó igual que os últimos dous anos. Dada a escasa demanda de paseos entre os luns e os venres en horario de mañá, no ano 2012 o Concello decidiu limitar esta oferta de lecer só ás tardes dos días laborables. Os festivos e as fins de semana o horario continua sendo de mañá e tarde.
No embarcadoiro do Parque dos Condes poñeranse a disposición dos usuarios/as as barcas de propiedade municipal. O prezo de cada barca, por un paseo de trinta minutos de duración, será de 3,25 euros.
O ano pasado realizáronse viaxes.
Os paseos en barca ofertáronse por vez primeira no verán do ano 2005, obtendo unha boa acollida entre cidadáns e visitantes.
A utilización das barcas incrementa ano tras ano, resultando moi positiva a súa evolución tal e como indican as cifras das viaxes realizadas:
2009: 1.033 viaxes
2010: 1.300 viaxes
2011: 1.625 viaxes
2012: 1.490 viaxes
2013: 1.081 viaxes
O custo desta actividade, sufragado integramente pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, ascenderá este ano a 8.000 euros.











