Comezan na Laracha as rutas en bicicleta de montaña incluídas no programa de verán
O programa de actividades de verán do Concello da Laracha inclúe catro rutas en bicicleta de montaña que se organizan en colaboración co club Laracha en dúas rodas. A primeira delas desenvolverase este sábado e as seguintes, os días 19 de xullo e 2 e 30 de agosto.
Os percorridos, todos eles polo termo municipal da Laracha, son de dificultade baixa para que poidan ser realizados tamén por persoas que se inician na práctica deste deporte.
Convídase a participar de xeito gratuíto a adultos e nenos a partir dos oito anos de idade. As persoas que estean interesadas en realizar as rutas deben estar xa preparadas, coa súa bicicleta de montaña e o correspondente casco, na Praza do Concello ás 10.00 horas. Non se require de inscrición previa.











