Comezan as visitas guiadas de verán ao Pazo de Mariñán, as Torres do Allo e os Batáns de Mosquetín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O servizo de atención aos visitantes nas instalacións propiedade da Deputación da Coruña as Torres do Allo en Zas; os Batáns de Mosquetín en Vimianzo e o Pazo de Mariñán en Bergondo comeza mañá.

As visitas guiadas e gratuítas manteranse ata o 14 de setembro nos tres monumentos. Nos Batáns de Mosquetín o horario será de 11.00 a 19.00 horas todos os días, incluíndo domingos e festivos. Nas Torres do Allo a atención chega ata as 20.00 horas e no Pazo de Mariñán as visitas guiadas ao interior se realizarán entre as 11.00 e as 18.00 horas, mentres que no exterior son libres entre as 09.00 e as 21.00.

O teléfono de atención a visitantes para os tres bens patrimoniais é o 673 77.41.00.

Dolmen de Dombate

No caso do Dolmen de Dombate, xa se pode visitar grazas ao convenio de colaboración renovado co Concello de Cabana de Bergantiños para a atención de turistas e outras actividades complementarias. Coma novidade, este ano organízanse visitas nocturnas os venres. 

Neste caso o horario de atención ao público é de martes a domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas en temporada alta (de xullo a setembro) e durante os meses de inverno, de outubro a decembro, a recepción de visitantes se concentrará nos fines de semana, reservando os venres para os grupos escolares.

23 de xullo de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.