Comezan as tarefas de montaxe da 9ª Feira de Oportunidades do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá deron comezo os traballos de montaxe para que esté todo listo o venres na apertura da 9ª Feira de Oportunidades do Morrazo. Levantarase unha gran carpa nas inmediacións dos Xardíns do Sinal en Cangas (Alameda Nova) en forma de “T” cunha extensión de preto de 1.000 m2. Esta carpa dará cabida aos stands de 25 expositores de Bueu, Cangas e Moaña do sector comercio, de moi diversas actividades: moda home/muller, moda infantil, calzado, decoración, deportes, agasallos, tendas de mascotas, óptica, etc.

Tras a montaxe da carpa os expositores entrarán a decorar o seu stand e todo estará listo para que o venres día 5 de xullo ás 18:00h se abran as portas desta feira cunha ampla gama de productos rebaixados do 40% en adiante. Os visitantes terán que darse présa para ser os primeiros en atopar as “gangas” neste evento, mercancía de calidade a prezos incribles.

A Feira de Oportunidades do Morrazo, organizada por FECIMO e coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas, celebra a súa novena edición tras anos de éxito. Esta fin de semana aspira a manter a súa gran afluencia de público, mostrándose coma unha alternativa de ocio para o venres, sábado ou domingo, nun amplo horario e cunha predición atmosférica agradable.

REBAIXAS NO MORRAZO

Por outra parte, son moitos os comercios do Morrazo que xa comezaron o seu período de rebaixas, marcando con grandes descontos a súa mercancía. FECIMO reparte entre todas as súas empresas asociadas a nova cartelería de REBAIXAS deseñada para a ocasión, coa que poden decorar portas e escaparates e sinalizar os produtos con desconto así como o prezo anterior e o novo.

As vilas do Morrazo forman un gran centro comercial e de servizos onde atopar gran variedade de produto a prezos reducidos.

1 de xullo de 2014 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.