Comezan as obras de reposición e mantemento da varanda de Costa de Mella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol informa do inicio dos traballos de renovación e mantemento da varanda da Costa de Mella que está catalogada como ben protexido, polo que foi a intervención de mellora que agora se levará a cabo conta co informe favorable da Comisión de Seguimento do plan especial do barrio da Magdalena. Estas tarefas de renovación da varanda de Costa de Mella están impulsadas pola Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación que dirixe Guillermo Evia Pérez, e o custe das mesmas ascende a un total de 6.974,44 euros. Segundo informou a empresa encargada dos traballos, está previsto que estes dean comezo na xornada de hoxe.

A actuación neste elemento patrimonial obedece á necesidade de repoñer as cenefas, columnas e pasamáns para que a devandita varanda recupere o seu estado orixinal; e ao mesmo tempo, garantir a seguridade na zona. Así as cousas, as obras consistirán no subministro e instalación de 14 cenefas, 4 columnas e varios pasamáns en material galvanizado. Así mesmo, procederas á reparación de varias farolas e ao pintado das varanda e das farolas.

7 de xullo de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.