Comezan as obras de demolición da Ponte Vella de Paradai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Xunta avanza un paso máis nas obra da ponte Paradai, ao iniciar nas últimas horas de hoxe o derribo da antiga ponte de Paradai, para proceder á execución dunha nova estrutura máis ampla que facilite un tráfico máis fluído na zona.

As obras poñeranse en marcha ao longo das últimas horas da xornada, a continuación do paso da última circulación ferroviaria do día e coincidindo coa fase de menor circulación rodada, a fin de producir a menor incidencia no tránsito pola zona.

As actuacións previstas durante a noite de hoxe e a madrugada do día 18 están centradas na demolición e no inicio da construción da estrutura na nova ponte que dará servizo na zona.

Nas xornadas seguintes está prevista proceder a realizar as escavacións para os estribos da ponte. Durante estas xornadas, as obras poderían causar modificacións eventuais do tráfico, para o que se acordou a coordinación do mesmo por parte do gabinete de Tráfico do Concello de Lugo.

17 de xullo de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.