Comezan as actividades sobre astronomía dentro da programación da Feira Franca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá arrancan as primeiras actividades da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Festas, incluída dentro da programación da Feira Franca.

A primeira actividade será a charla sobre “A forma da terra” que se impartirá no Centro Cultural do Gorgullón de 19.30 a 21.00 horas. A entrada é de balde e o aforo ilimitado.

A seguinte será un obradoiro sobre “O astrolabio” que será o vindeiro sábado, 26 de xullo de 11.30 a 13.30 horas, tamén no Gorgullón. Para esta actividade está prevista unha inscrición de 15 persoas, a través do número de teléfono da oficina da Feira Franca.

23 de xullo de 2014 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.