Comeza no Carballiño o Campus Impulso 2014
Un total de 50 nenos están a participar na primeira quincena do Campus Impulso, que un ano máis organiza o concello do Carballiño a través da concellaría de Deportes. E que se desenvolverá durante todo o mes de xullo. As monitoras e monitores encargados de desenvolver este campamento de verán ten preparado unha serie de actividades, adaptadas ás idades, entre 8 e 14 anos, e ao tempo meteorolóxico. Neste sentido os nenos poderán divertirse con xogos e deportes, tanto no pavillón como nas pistas exteriores, ou nas piscinas municipais.
Tamén se incluirán entre as actividades para este campamento urbano xogos de procura de pistas, cos que, ademais de entreter aos nenos, búscase o mostrar lugares da súa propia localidade que descoñecen.











