Comeza en Marín o programa “Hola Fabiola”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O Concello de Marín a traves da aula CeMIT e o Centro de Información da Muller pon en marcha o programa “Hola Fabiola”, programa promovido pola fundación Orange e a fundación Directa co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que está dirixido a mulleres estranxeiras residentes en España en situacións de dificultade e vulnerabilidade específicas.

O programa “Hola Fabiola” é un curso cuxo proceso de aprendizaxe, contido e programa formativo están adaptados ás necesidades e a usos reais do perfil das beneficiarias para aprender a utilizar o ordenador e Internet e extraer o máximo proveito á tecnoloxía. Todo iso conduce a que o programa “Hola Fabiola” sexa máis que un curso de informática, pois tamén busca aprender/descubrir cousas máis aló da informática, sensibilizar ás beneficiarias en temas craves e converter o programa nun espazo para elas, reforzando o coñecemento mutuo das participantes e incidir no empoderamiento individual e colectivo.

17 de xullo de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.