Comeza en Cambre o proceso de preselección o Obradoiro de Emprego dedicado á Atención Sociosanitaria
O Concello de Cambre pon en marcha o proceso de preselección do Obradoiro de Emprego que está dedicado á Atención Sociosanitaria en institucións sociais. Neste caso os desempregados que poidan optar a este obradoiro serán especialmente os maiores de 18 anos, que desexen traballar e formarse no campo da atención sociosanitaria e que se atopan. Desta maneira o obradoiro contratará a 20 alumnos dedicados á Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, unha rama formativa que o Centro de Formación Municipal ten homologada e que xa se imparte desde hai anos neste centro formativo. Segundo a edil de Emprego, Marta Vázquez Golpe, o máis importante do programa é que lograr a inserción laboral destas persoas cando termine o obradoiro e asegura que é importante que as persoas que participen sexan conscientes de que o obxectivo fundamental é formar como auxiliares sociosanitarios de persoas dependentes.
As persoas interesadas en formar parte do proceso de Preselección deberán dirixirse á Oficina de Emprego na que estean inscritos e solicitar a súa participación neste obradoiro. levarán a cabo contratos durante seis meses para desempregados de Cambre, posto que se trata dun programa mixto de formación e emprego, nos cales os alumnos traballan e salguen ao mesmo tempo co seu certificado de profesionalidade. Así, a intención do grupo de goberno cambrés que os alumnos se formen nunha actividade que nestes momentos ten moita demanda como é a atención sociosanitaria a persoas nos centros especializados de atención a persoas como unha válida alternativa laboral. A subvención concedida ascende a un total de 177.668 euros euros, que sufragará os gastos de 7 técnicos entre os que se atopan os docentes e o persoal administrativo e os salarios dos 20 alumnos. A duración do Obradoiro de Emprego durará seis meses, sendo o salario dos alumnos seleccionados algo superior ao mínimo interprofesional. O concello xa formalizou convenios de colaboración con varias entidades relacionadas co sector sociosanitario e que son de carácter non lucrativo por exemplo Aspace, Pai Rubinos, Residencia de Maiores García Irmáns en Betanzos e Paimeni.











