publicidade hoxe

Comeza a súa actividade a brigada contra incendios de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober contará este ano cunha brigada municipal contra incendios formada por un capataz e cinco peóns. Os efectivos realizan hoxe e mañá un curso de formación que permitirá que comecen o seu traballo o sábado día 19 de xullo.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece as axudas da Xunta, que permiten completar o operativo antiincendios despregado pola administración galega e valora especialmente o feito de que estes equipos limpen polo menos 5 hectáreas de terreo realizando tarefas de rozado, rareo e eliminación de restos en terreos municipais ou de dono descoñecido ou en vías nas que non pode realizarse o traballo de forma mecanizada.

Dúas novas contratacións

O Concello de Sober conta tamén con dous obreiros perceptores de RISGA que hoxe iniciaron o seu traballo por un prazo de sete meses, grazas a unha axuda da Consellería de Traballo. Os operarios están a facer obras nos edificios anexos ás piscinas municipais. Tamén se van encargar de rehabilitar os pendellos de Cadeiras, caídos por mor dun temporal acontecido no inverno.

Entre as actuacións que acometerán estes dous efectivos atópanse diversas obras de mantemento na Casa da Cultura.

 

17 de xullo de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.