publicidade hoxe

Comeza a Campaña de Vela 2014 en Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMiño
A-
A+

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura e Deportes da Deputación provincial, Mariel Padín,  entregou esta mañá as embarcacións que se utilizarán na campaña de vela que terá lugar esta semana no Concello de Miño.

Co inicio desta terceira quenda de cursos, que rematará o venres, dáse por concluída a campaña de vela 2014 organizada polo ente provincial, con sede en Valdoviño, Laxe e Miño, aberta a todos os rapaces de 9 a 18 anos residentes nestas comarcas.

Cada un dos concellos sede da escola recibe da Deputación dúas embarcacións tipo optimist que pasarán a formar parte do material das súas escolas municipais.

No acto desta mañá, ademais de Mariel Padín, estivo tamén presente o alcalde de Miño, que foi o encargado de recibir as embarcacións.
Os cursiños tiveron lugar en quendas de mañá e tarde do 30 de xuño ao 4 de xullo en Valdoviño; do 7 ao 11 de xullo en Laxe, e concluirán o 18 de xullo en Miño.

14 de xullo de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.