publicidade hoxe

Comenza os traballos de colocación do pavimento de pedra da praza do Concello da Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

Esta semana comenzou a colocación do pavimento de pedra da Praza do Concello da Baña e o proxecto de humanización do casco urbano de San Vicenzo da Baña estará listo nos próximos días. O Concello confía en que esté rematada a reforma, que conta cun presuposto de 240.000 euros, antes do 15 de agosto. O proxecto inclúe a mellora das rúas Castelao e Rosalía de Castro. Estas dúas vías xa contan con novas beirarrúas.

As obras, a cargo da compañía Oviga, comenzaron na capital do Concello da Baña fai algo máis de tres meses. Afectan a un quilómetro de rúas. A Deputación da Coruña asume un investimento de 191.000. O resto (uns 48.000 euros) serán asumidos polo Concello da Baña. O total do investimento suma 240.000 euros. A humanización do casco urbano da capital da Baña será a fondo. A obras inclúen a reforma das beirarrúas, construcción de arquetas e novas acometidas con tuberías de PVC. As rúas e a praza contarán con novo mobiliario urbano, con luminarias de farola y con unha nova sinalización para peatóns. A praza do Concello poderá xa lucir en breve o seu pavimento de pedra.

30 de xullo de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.