Colectivos comprometidos de Vigo deciden unirse baixo a plataforma social ‘Asemblea dos dereitos sociais’
Os colectivos sociais de Vigo dan un paso máis na súa coordinación para unirse ante a nefasta política de Benestar do concello de Vigo.
A seguinte actividade programada foi acordada durante a xornada de hoxe, nunha reunión na que representantes da CXT, Rede Solidaria Popular, a FAVEC, Asociación de Veciños de Fragoso e San Roque, ODS, IMÁN, Sindicato Ferroviario e PAH, deciden organizar unha serie de concertos solidarios rotativos na área metropolitana de Vigo: o diñeiro recadado en devanditos eventos será doado para a súa repartición entre as familias en perigo de exclusión social.
O primeiro concerto terá lugar o 19 de xullo, ás 19:30, na AAVV Val do Fragoso, e así mesmo hai convocada unha concentración, o día 24 de xullo, ás 12:00 das mañá na Praza do Rei: a xornada será amenizada con gaiteiros e realizarase un acto simbólico reivindicativo de cambio de nome da praza por ‘Praza dos dereitos sociais’.
Todos os colectivos reunidos decidiron coordinarse mediante unha plataforma chamada ‘Asemblea dos dereitos sociais’.











