Clausúrase o curso internacional de arquitectura Compostela’s Summer Program

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Fundación Compostela Arquitectura celebrou por quinto ano consecutivo o seu curso internacional de arquitectura: Compostela’s Summer Program, que se celebrou do 2 ao 23 de xullo en Santiago. A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, participou na última xornada. Un selecto grupo de 16 estudantes de Estados Unidos, China, Corea, Mexico, Polonia, Montenegro, Exipto e España participaron nas clases, talleres e visitas que conformaron o curso, que pretendía, en palabras dos seus organizadores, “unha reflexión sobre a cidade contemporánea a partir das presenzas da Historia”.

O programa centrouse no desenvolvemento de habilidades fundamentais para un arquitecto, como a materialidade, a tectónica, o debuxo e os modelos feitos a man, así como no achegamento dos alumnos internacionais á paisaxe, cultura e tradición galegas a través de diversas viaxes e visitas.

24 de xullo de 2014 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.