Clausura dos cursos de natación cunha festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso celebrará este xoves 31 de xullo a clausura dos seus cursos de natación cunha gran festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro. Unha festa aberta a toda a veciñanza que dará comezo ás 16:30 horas, con actividades e inchables acuáticos. O acceso será libre e de balde.

A iso das 18:30 horas, o concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, fará entrega dos diplomas dos cursos de natación 2014, celebrados durante este mes de xullo. Uns cursos organizados polo Concello de Oroso e impartidos por Viraxes, servizos deportivos, nos que participaron 130 rapaces e rapazas do municipio. A festa rematará a iso das 19:00 horas.

29 de xullo de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.