publicidade hoxe

Cine na rúa para toda a familia na Praza do Seixo e da Mina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Praza do Seixo  e da Mina acollerán a partir deste venres, 1 de agosto, o ciclo “Cine na Rúa Tomiño”, dirixido a público infantil e familiar. A primeira das proxeccións será “Ice Age 4? e terá lugar na Praza da Mina ás 22.00 horas.

A seguinte, “Brave (Indimable)”, será o venres 8 de agosto, na Praza do Seixo, á mesma hora. O venres 15 de agosto, tamén ás dez da noite, proxectarase “MU University”, na Praza da Mina, ás 22.00 horas. Pechará o ciclo o filme “Lluvia de Albóndigas 2?, o venres 22 de agosto, na Praza do Seixo, tamén ás 22.00.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explicou que o ciclo de cine está especialmente dirixido á poboación infantil pero poden asistir igualmente familias e público en xeral. A actividade ten coma fin dinamizar a vida cultural e social da vila, aproveitando espazos de lecer e esparcemento ao aire libre coma son as prazas do núcleo urbano (OSeixo e da Mina).

30 de xullo de 2014 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.