publicidade hoxe

Cine ao aire libre no paseo marítimo de Neda coa proxección da película “Los Croods”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello e Gas Natural invitan á veciñanza a unha sesión moi especial de cine ao aire libre. Será o próximo 27 de xullo, no paseo marítimo (no entorno do Albergue de Peregrinos), a partires das 22,30 horas. O público poderá disfrutar do pase do filme de animación “Los Croods”, nominada como mellor película na súa categoría aos Oscar no 2013. A iniciativa está promovida por Gas Natural, en colaboración co Concello de Neda. Forma parte da xira itinerante de Cine al Natural, un espectacular evento de cine familiar ao aire libre, que percorrerá 27 municipios de toda a xeografía española e Neda foi seleccionada como unha das poboacións. Habilitaráse unha pantalla xigante de 14×9 e os espectadores serán obsequiados con palomitas. Ademáis, colocaráse un pequeno stand como punto de información, onde se entregarán outros agasallos da marca. “Los Croods” remóntase á Prehistoria. Así, tras a destrución do seu fogar por un grande terremoto, Grug vese obrigado a emigrar coa súa familia. Namentras avanzan por un mundo descoñecido e aterrador, atópanse cun nómada de mente aberta que os deixa a todos fascinados, sobre todo á filla de Grug.

18 de xullo de 2014 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.