Chus continúa un ano máis no Santiago Futsal mentres Palomeque rescinde contrato
Jesús Blázquez Pacheco, CHUS, seguirá unha tempada máis vestindo a camiseta do Santiago Futsal. Ambas as partes chegaron a un acordo para que o xogador salmantino poida demostrar unha tempada máis a súa valía na máxima división do fútbol sala nacional.
Chus chegou a tempada pasada do Albense disputando quince partidos de liga e anotando 3 goles na súa tempada de debut.
Palomeque
Doutra banda, Alejandro Palomeque non seguirá no Santiago Futsal tras chegar ambas as partes a un acordo para rescindir o contrato que ligaba ao xogador co club unha tempada máis.
Desde o club desexan a Palomque moita sorte tanto no persoal como no profesional e agradecen o seu compromiso e entrega durante este ano.











