Chan do Bosque viaxa á provincia de Lugo
A Asociación de Veciños Chan do Bosque, de Amieirolongo (parroquia de Sanguiñeda) organiza unha excursión de dous días e unha noite á costa lucense, durante a que se visitará Castropol, Ribadeo, Praia das Catedrais, Viveiro, Burela, Foz e Mondoñedo.
A viaxe celebrarase a fin de semana do sábado 23 e o domingo 24 de agosto e ten un custe de 95 euros por persoa, no que se inclúen os desprazamentos en autocar, guía acompañante, seguro de viaxe, e aloxamento en pensión completa incluíndo bebidas (auga e viño). Os interesados poden solicitar unha habitación individual cun suplemento a maiores de 25 euros por persoa.
Para inscribirse nesta actividade hai que chamar a calquera dos tres seguintes números de teléfono de contacto: 670233772, 679210380 e 669307786.











