Cerdedo solicita á Deputación actuacións por valor de 73000 euros
O Concello de Cerdedo solicita á Deputación Provincial actuacións por importe de 73000 € a través do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais.
As actuacións que solicitan son as que describimos a continuación:
Ampliación do vial de acceso a Figueroa: actualmente o acceso ao nucleo de Figueroa, realizase por unha rampla ascendente cunha anchura de 2,50 m tendo unha curva de uns 90º graos cun radio de xiro moi pechado, que engadido a anchura limitada da via dificulta o acceso rodado ao núcleo tanto dos veciños coma dos servizos. As actuacións pretenden ampliar a plataforma de acceso e ampliar o radio de curvatura para mellorar e facilitar o acceso rodado ao nucleo, para ello e preciso.Proceder a demoler o muro de contención realizado en mampostería de pedra de granito, e mediante a excavación en terras de consitencia dura e roca, ampliar a plataforma e reducir o radio de xiro da curva e realizar un muro de contención de cachotería de pedra de granito, e pavimentar a ampliación da plataforma con hormigón, material do que esta feito o resto do acceso. O importe destas actuacións ascende a 26.246 €.
Actuacións en viaismunicipais: actualmente acarretera que une Cerdedo con Limeres, discurre practicamente paralela a ribeira do rioLérez, existindo un tramo duns 300 m, onde a ribeira ten unha pendente moi pronunciada. Neste tramo a via non conta con protección para previr as saidas de via, polo tanto colocarase unha barreira antisaidas de vía nun tramo de 300 metros (bionda con soportes metálicos). Outra actuación será no entorno da piscina fluvial, onde é preciso colocar unhas bandas reductoras da velocidade do trafico rodado, pola presenza dos usuarios da piscina pola beirarua, cruzando a estrada para acceder a paria fluvial. Así mesmo os pasos peonís presentan un estado deficiente da pintura, desgastada polo paso dos vehículos, e mais pola acción dos axentes metereoloxicos, polo tanto repintaranse os pasos de todo o núcleo de Cerdedo. O importe destas actuacións ascende a 22.028 €.
Actuación en fontes e lavadoiros de titularidade municipal:naactualidade os lavadoiros encontranse nun estado bastante deteriorado, de tal forma que os vasos dos mesmos perden auga o que provoca que o chan encontrense anegado, enlameirado.Os muros de mamposteria presentan crecimento de prantas, falta o rexuntado en zonas amplias dos paños, e ademais produciuse o derrumbe de partes dos paños.As cubertas dos lavadoiros, cando existen, estan realizadas en losa de formigón, sen cubrición de tella, este formigón presenta corrisión das armaduras. As actuacións a realizar son:
Fonte de Cobas: Precisa de Limpeza xeral dos paramentos do lavadoiro, rexuntado das xuntas do muro de mamposteria, reconstrucción parcial do mesmo.Chapeado do lavadoiro con pedra natural de 3 cm de espesor, colocación de pedras de lavar de 12 cm de espesor en sustitución da obra de fabrica de ladrillo existente, chapeado do vaso.Saneado da cuberta de formigón, colocación de cubrición de tella sobre prancha de fibrocemento, e colocación dun cielo raso de madeira.
Lavadoiro de Framil: Precisa de Limpeza xeral dos paramentos do lavadoiro, rexuntado das xuntas do muro de mamposteria, reconstrucción parcial do mesmo.Chapeado do lavadoiro con pedra natural de 3 cm de espesor, colocación de pedras de lavar de 12 cm de espesor en sustitución da obra de fabrica de ladrillo existente, chapeado do vaso.
Saneado da cuberta de formigón, colocación de cubrición de tella sobre prancha de fibrocemento, e colocación dun cielo raso de madeira.
Lavadoiro de Peniñas: Tratase dun elemento catalogado, contase coa preceptiva autorización do servizo de patrimonio da Conselleria de Cultura. Precisa de Limpeza xeral dos paramentos do lavadoiro, rexuntado das xuntas do muro de mamposteria, reconstrucción parcial do mesmo.Chapeado do lavadoiro con pedra natural de 3 cm de espesor, colocación de pedras de lavar de 12 cm de espesor en sustitución da obra de fabrica de ladrillo existente, chapeado do vaso.Realización dunha cuberta con estructura de madeira, colocación de cubrición de tella sobre rastreles de madeira.
Fonte de Cachofes: Precisa de Limpeza xeral dos paramentos do lavadoiro, rexuntado das xuntas do muro de mamposteria, reconstrucción parcial do mesmo.Chapeado do lavadoiro con pedra natural de 3 cm de espesor, colocación de pedras de lavar de 12 cm de espesor en sustitución da obra de fabrica de ladrillo existente, chapeado do vaso.Saneado da cuberta de formigón, colocación de cubrición de tella sobre prancha de fibrocemento, e colocación dun cielo raso de madeira.
O importe destas actuacións ascende a 24.559 €.
Dende o Goberno local encabezado polo alcalde, fíxose igualmente unha solicitude ó ente provincial para pedir a autorización correspondente para executar estas obras por administración para minimizar os custos, poder executar máis actuacións e potenciar o emprego entre os membros da brigada de operarios municipal.











