Cerdedo instrúe aos máis xóvenes no perfeccionamento do inglés
O concello de Cerdedo organiza de forma totalmente gratuíta para os nenos de 6 a 16 anos de Cerdedo un taller de inglés para os próximos días 6, 7 e 8 de agosto. O curso será impartido por unha docente titulada e organizarase de 16.30 a 18 no Centro Cultural de Cerdedo. Con esta actividade preténdese facer un reforzo educativo para os mozos do municipio e prolongarase no tempo durante todo o mes de agosto si existe a demanda suficiente. O Alcalde anima a todos os mozos a participar nesta actividade educativa xa que se trata dunha gran oportunidade de mellorar e perfeccionar o inglés por niveis e con actividades de lecer. Para participar será obrigatorio inscribirse nas oficinas municipais até o 4 de agosto.











