Cerdedo inaugura colector de aceite usado
O Concello de Cerdedo en relación asinado a pasada semana para a reciclaxe do aceite, xa instalou no día de hoxe o colector selectivo de aceite de cor laranxa no cruce entre a Rúa das Longas e Rúa da Constitución. Con esta medida pretenden contribuír á mellora do medio ambiente e facilitar aos veciños as operacións de reciclaxe e especialmente do aceite polo seu elevado poder contaminante.
Limpeza do centro urbán
A brigada de operarios municipal coa chegada da época estival e coincidindo coa chegada de numerosos turistas e familiares polas festas patronais centra as súas tarefas na limpeza do centro urbano de Cerdedo. Para iso púxose a disposición a cisterna municipal que está a lavar as rúas do casco. Igualmente estase mellorando a sinalización horizontal co pintando dos pasos de peóns debido á deterioración dos mesmos. Quérese pedir a máxima colaboración cidadá mentres se realicen estar tarefas.
A brigada contra incendios está a realizar tarefas de roza polos diferentes núcleos de Cerdedo a través do plan de traballos realizado polo equipo de goberno. Destacar que estes traballos se iniciaron en Serrapio e continúan polas parroquias de Cerdedo, rozando en leiras de titularidade municipal.











