Cedeira rememora o seu pasado medieval coa I Feira Terras de Lancelot

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

Veciños e visitantes están invitados esta fin de semana a descubrir o pasado medieval de Cedeira a través da primeira edición da súa Feira Terras de Lancelot. Unha cita que arrancará este venres, 18 de xullo, e se prolongará ata o domingo, día 20, no Paseo da Mariña, no casco histórico da vila. Permanecerá aberta en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 23 horas) e reunirá nese tramo que discurre entre a ponte vella e a ponte nova a deceas de postos de artesanía con productos moi variados. Así mesmo, un dos principais atractivos da cita, e unha forma de achegar a historia medieval de Cedeira a nenos e maiores, é a convocatoria de sendos concursos de relatos e de debuxos. As bases poden consultarse no portal web municipal (www.cedeira.es) ou na Oficina Municipal de Turismo e o prazo para anotarse, nestas últimas instalacións, rematará o sábado.

Ademáis, aqueles participantes que entreguen os seus traballos na Feira, ataviados con vestimenta da época medieval, recibirán un agasallo por parte da organización. O xurado estará formado polo alcalde, Luis Rubido; o historiador Manuel Aneiros, o profesor Rafael Usero e un representante dos medios de comunicación e da arte. O domingo entregaránse os premios por categorías. A Feira Terras de Lancelot está organizada polo Concello, a través da Concellería de Cultura; conta coa dirección de Manuel Aneiros, historiador da Arte e alma mater doutra cita emblemática en Cedeira, o Lugnasad, e inspírase no libro “Sir Lanzarote do Lago e a súa proxenie cedeiresa”, do historiador e cronista oficial da vila, Rafael Usero, e editado pola Fundación Municipal Villabrille.

17 de xullo de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.